Mary Trillo Grille
Chámome Mary e son mestra de educación infantil.
Actualmente exerzo de monitora realizando o servizo de madrugador@s no CEIP Praia de Quenxe promovido polo Concello de Corcubión.
Tamén imparto clases particulares algunhas tardes á vez que preparo as oposicións para mestra.
A parte do Grao e o curso de monitora de ocio e tempo libre, realicei formacións en materia de igualdade coma os cursos de «Docente en igualdade» ou «Violencia de xénero no medio rural».
Esta formación débese a que se algo queremos cambiar ou promover na sociedade, primeiro temos que empezar por nós mesmas. Temos que ir deconstruíndo os mitos que nos foi inculcando esta sociedade patriarcal e non hai mellor solución ca formarse para poder concienciar e transformar.