Natali Asorey Zorraquino
Estudei a Diplomatura en TRABALLO SOCIAL. E.U.T.S “San Vicente de Paul”. Universidade de Zaragoza , posteriormente realicei o Máster en TRASTORNOS DE AUDICIÓN E LINGUAXE. Universidade de Santiago Compostela. Homologado e equiparado á diplomatura de Maestro: Audición e Linguaxe (O.4-3-97. DOG. nº.66, 8 abril).
Pero a miña verdadeira vocación xorde co CURSO DE APTITUDE PEDAGÓXICA. (C.A.P.)Universidade de Santiago de Compostela (I.C.E).
Actualmente son a xerente de Colaxe, un centro de formación situado no concello de Laxe, imparto certificados de profesionalidade do ámbito de Servizos Socioculturais e a Comunidade, especialmente do ámbito sociosanitario.
E son a impulsora da primeira casa do maior da Costa da Morte. A casa do maior preséntase como alternativa cando na contorna non existan recursos de atención para este colectivo ou cando o internamento en institucións non sexa desexado, procurando o mantemento no medio social habitual coa finalidade de que as citadas experiencias piloto poidan garantir a futura posta en marcha eficiente de servizos de atención en pequenos grupos, de maneira flexible e con garantías de seguridade e calidade.