Raquel Vázquez Pereira
No 2018 realicei o Certificado de Profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais, ahí foi cando atopei a miña verdadeira vocación, o coidado a un colectivo moi vulnerable, os maiores.
Foi no 2019 cando comecei a traballar nun proxecto piloto da Xunta de Galicia, a Casa do Maior de Laxe.
A casa do maior para quen non a coñezades, preséntase como alternativa cando na contorna non existan recursos de atención para este colectivo ou cando o internamento en institucións non sexa desexado, procurando o mantemento no medio social habitual coa finalidade de que as citadas experiencias piloto poidan garantir a futura posta en marcha eficiente de servizos de atención en pequenos grupos, de maneira flexible e con garantías de seguridade e calidade.