Eva Lodeiro
Son editora de vídeo, e tamén postproductora. Ademáis son larachesa e emigrante retornada de Guayaquil (Ecuador).
Estudei Comunicación Audiovisual na Coruña, e Postprodución Dixital en Valencia. O meu primeiro traballo foi como proxeccionista de películas analóxicas en salas de cine.
No 2015, decidín marchar para Ecuador. Alí traballei como editora de vídeo en proxectos na maioría relacionados a conservación medioambiental e ao surf. Tamén traballei como docente universitaria no Grao de Producción Audiovisual e no Máster de Postprodución Dixital Audiovisual.
Agora, de volta na Laracha, sigo editando vídeos, pero dende o rural. Estou comezando un emprendemento a través do que traballo para unha empresa en Francia. Pero o meu obxetivo é apostar polo audiovisual na Costa da Morte.