Lucia Baña Ponte
De Camelle, e de 1996.
Dende sempre tiven claro qué quería estudar e a qué me quería dedicar.
Tras os meus estudos primarios e secundarios no I.E.S. Pedra da Aguia e I.E.S. Terra de Soneira, no 2014 comecei os meus estudos universitarios e ano 2018 rematei o Grao en Dereito na Universidade da Coruña. Nese mesmo ano matriculeime no Mestrado da Avogacía no Colexio de Avogados da Coruña e finalmente, no ano 2020, tras finalizar o mestrado, aprobei o examen de acceso á profesión de avogado do Ministerio de Xustiza, o cal me permitiu colexiarme e comezar a miña andadura profesional como avogada por conta propia.
Actualmente compaxino o meu traballo de avogada por conta propia na cidade da Coruña co meu despacho sito en Camelle, e por panto os Xulgados nos que máis adoito traballar son os da Coruña e o de Corcubión.
Actualmente, e á vez que exerzo no meu día a día, sigo formándome en programas de especialización xurídica, así como de liderazgo, emprendemento e igualdade.