Elisa de Soto García
Son galega de nacemento, dun pobo do sur de Lugo que se chama Chantada. Aos 14 anos fun vivir a Madrid e en COU a Estados Unidos.
Con 18 anos volvín a Galicia, concretamente á Coruña, onde licencieime en Dereito. Unha vez terminada a carreira fun a Bruselas atraída polo Dereito Comunitario e as Institucións Europeas. Alí tiven a oportunidades de estuiar un Mestrado en Xestión Cultural. De novo volvín a Madrid, esta vez a traballar nunha entidade financeira onde estiven mais de 17 anos.
Recentemente empuxada polo meu interés xenuino polas persoas e pola necesidade de cambiar o rumbo da miña vida, decidín formarme como coach, tomar o camiño do emprendimento e volver a Galicia, onde fundei o meu proxecto «Ama tu trabajo» no que acompaño ás persoas que sofren estrés laboral.