Patricia Vaquero González
Nacín e vivo no concello de Cee. Son Socióloga e estou especializada en xénero. Levo toda a miña traxectoria profesional deseñando e desenvolvendo proxectos e programas para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Gran parte deles, dende a Administración pública local.
Conto con dous posgraos, un en Orientación laboral e outro en Coaching Executivo así como cun Experto Universitario en Intelixencia Emocional os cales oriento dende a perspectiva de xénero, na procura da empregabilidade, do empoderamento e liderazgo e no desenvolvemento persoal e profesional das mulleres.
Na actualidade, lidero o meu propio proxecto: Nós Igualdade, dende onde promovo, deseño e desenvolvo proxectos e formacións con perspectiva de xénero. Dende Nós Igualdade, acompañamos a persoas, empresas, administracións públicas e institucións comprometidas a conformar un mundo mais xusto e igualitario, en definitiva, un mundo mellor.