Nuria García Gómez
Nada en Ponteceso en 1976, actualmente é veciña de Carballo. Enxeñeira Técnica de profesión, leva máis de 15 anos ligada ao mundo da xardinería pública traballando en empresas do sector servicios.
Durante a miña traxectoria profesional tiven a oportunidade de traballar en diferentes actividades relacionados co Medio e a xardinería (dende o transplante de árbores centenarias ata o desenrolo de actividades de divulgación da Biodiversidade).
Apaixonada da lectura, amante da música e curiosa por natureza. Esa inquietude por aprender lévaa a non deixar de aproveitar cada oportunidade que se lle presenta para acudir a cursos e obradoiros varios (dende técnicas de traballo con coiro ata a elaboración de colmo en espiral ou observar fascinada as lágrimas de San Lourenzo).