Ada González Fernández
Cursei a Diplomatura de Tursimo no Centro Español de Nuevas Profesións (CENP-UDC) na especialidade de turismo alternativo. Tras un ano no que non sabía moi ben cara onde tirar, tendo en conta que rematei a carreira en plena crise de 2008… Viaxei a Londres para mellorar o idioma e para vivir outro tipo de experiencia.
Ao volver decidín continuar a estudar, neste caso o Posgrao de Dirección e Planificación de Empresas Turísticas (USC) na especialidade de Turismo Urbano. Pouco tempo despois, convertinme en Guía Oficial de Turismo de Galicia (GT-363-XG).
Logo, tras probar diferentes ramas de turismo o Concello de Dumbría apostou por min. Foi todo un luxo poder ver medrar o lugar de onde unha é!
O meu soño? Ver á Costa da Morte onde debería estar, como un destino competitivo!