Aitana Canosa Cerviño

Info

Actividade: Educadora Infantil
Sector: Educativo
Concello: Cee

Contacto

Aitana Canosa Cerviño

Cargo: Educadora Infantil

Natural e residente en Cee dende 1992.

No ano 2010, despois de rematar o bacharelato en Cee, comezo os meus estudos na Coruña. Ese primeiro ano estaba non conseguín entrar no ciclo superior que quería. Tiña moi claro que quería facer o CS de Educación Infantil. Ser educadora nunca Escola Infantil era a miña vocación.
O non conseguir entrar de primeiras. Probei ese ano a facer outro ciclo superior dunha temática que, ainda que non ten nada que ver, gustábame moito, a informática.
Comecei nun centro privado os estudos de Técnico Superior en Telecomunicaciones e Informática. Comecei con moitas ganas, aprendendo moito, poñendo en práctica o que xa sabía e a vez ampliando os meus coñecementos. Pero esta ilusión truncouse pronto. En dito ciclo tiña un profesor e unha profesora. Como compañeiros de aula tiña todo homes. Eu era a única muller. Cousa pola que cos meus compañeiros e coa miña profesora non houbo problema. Pero a medida que avanzaba o curso o profesor facía comentarios despectivos tipo “as mulleres non sodes quen de estudiar esto”, “ a informática non é para vos..” e un longo etcétera. Cansa de lidiar con eso e coa ilusión perdida neses estudos decidín volver a probar sorte e solicitar praza no CS que tanto quería facer. O de Educación Infantil.
O ano de informática non foi un ano perdido, foi un ano de aprendizaxe de vida, e de ter claro o que quería ou non. E como muller saber que podería conseguir o que me proporía.

O rematar o CS de Educación Infantil e as prácticas nunha Escola Infantil da Coruña, foi onde decidín que ese tiña que ser o meu traballo. Formeime en habilidades sociais, estimulación temprana, linguaxe básica de primeiros auxilios e xestión de conflictos.

Tiven moita sorte neste camiño xa que o rematar os estudos tiven a oportunidade de formar parte como voluntaria dun Campamento de Verán do Concello de Cee organizado polo CIM no que comecei a miña experiencia como monitora. Outra faceta que me encanta.

Logo do campamento no ano 2013 comecei como Educadora Infantil na Escola Municipal, que seguía compaxinando con campamentos e talleres en periodos vacacionais. No ano 2016, recién estrenada nai, decidín comezar a aventura de formar parte das listaxes das Galiñas Azuis facendo sustitucións. Recorrer distintas escolas, aprender en cada unha de elas, e unha aventura da que a día de hoxe estou orgullosa de tomar aquela decisión. De adicarme 100% o que me gusta. E que por ahora podo compaxinar tamén co traballo de Monitora.

Gústame seguir formándome e reciclándome día a día en todo o que sea relacionado coa educación e a infancia. E teño unha tarefa pendente. Formarme en materia de Igualdade xa que considero que é indispensable e que podo transmitirlle os pequenos e pequenas a través do meu traballo.

Scroll al inicio
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Más Información.   
Privacidad