Alba Pérez Paz

Info

Actividade: Logopeda
Concello: Cee

Contacto

Alba Pérez Paz

Empresa / institución: Cogami
Cargo: Logopeda

 

Nacín e crieime na Costa da Morte, en concreto en Cee (1995) ata o momento no que tiven que cursar estudos na universidade. Igualmente despois para levar a cabo a miña profesión, acabei vivindo en Pontevedra e actualmente en Santiago de Compostela.

Son logopeda de profesión, aínda que sempre digo que de forma de vida, tamén son logopeda. A miña vocación ben dende pequena. Recordo cando por razóns familiares a miña contorna comezou a ter contacto cos profesionais de rehabilitación. Escoitar como a miña familia falaba deles, encamiñoume a querer dedicarme o ámbito sanitario. Eu quería que de maior, alguén falase con ese cariño e respeto profesional referíndose a min.

Na actualidade, despois de pasar por traballar como logopeda no ámbito hospitalario (somos moi poucas por desgraza as que podemos facelo) actualmente traballo nun “Proxecto Innovador de Promoción da Autonomía Persoal” dentro de un equipo multidisciplinar. Son Especialista en Atención Temperá  e Hipoacusia Infantil e teño un Máster en Asistencia e Investigación Sanitaria. Igualmente estou comezando a miña tese doutoral, pois a investigación en logopedia, e un mundo que me apaixona.

Encantaríame poder dedicarme coa mesma accesibilidade, na costa, pero na actualidade estes recursos non están xeralizados. Sucederá no futuro?

 

Scroll al inicio
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Más Información.   
Privacidad