Beatriz Álvarez Pose

Info

Actividade: Coordinadora Área Titorial de Oposicións
Sector: Educativo
Concello: cabana de Bergantiños

Contacto

Beatriz Álvarez Pose

Empresa / institución: Campus Training
Cargo: Coordinadora Área Titorial de Oposicións

 

1991. Borneiro. Cabana de Bergantiños.
Chámome Beatriz, e o ámbito clínico sempre chamou a miña atención.


Tras cursar Bacharelato no concello veciño, como tantos outros xóvenes do rural, non me quedou outra que mudarme á gran cidade, para seguir estudando.

Unha vez na Coruña, comecei formándome como Técnica de Laboratorio Químico, o que completei posteriormente coa titulación de Técnico Superior de Laboratorio de Diagnóstico Clínico.
Exercín no laboratorio do Hospital Quirúrxico Modelo e tamén nun laboratorio privado de control e calidade alimentaria (Biocontrol S.L.)
Vendo as poucas oportunidades laborais que había no momento, coincidindo coa crise económica, decidín seguir formándome no ámbito clínico, ao tempo que desempeñaba a miña labor como dependenta en Inditex, onde tiven o enorme pracer de exercer durante case 6 anos.

Estudei o grado en Psicoloxía coa Mención en Clínica e tamén en Psicoloxía do Traballo e das Organizacións. Durante a miña formación, tiven a oportunidade de realizar prácticas na asociación de Persoas con Diversidade Funcional da Costa da Morte (Íntegro) e tamén de desempeñar a miña labor no centro de Reeducación Específico de Menores Concepción Arenal (Palavea)

Unha vez finalizados os estudos, decidín opositar a Psicólogo Interno Residente durante 3 anos. Vendo que as posibilidades de quedarme en Galiza eran moi excasas, por non decir inexistentes, decidín abandonar a oposición e optei por buscar unha nova saída que nunca antes me plantexara: o ámbito educativo.

Tiven a gran sorte de que me seleccionaran como Tutora Pedagóxica nunha empresa Internacional (Campus Training) onde comecei tutorizando a opositores de diferentes ámbitos a nivel Estatal e Local (Axente de Facenda Pública, Mestre de Educación Infantil e Primaria, Tramitación Procesal…).


Nesta empresa, na que a igualdade de condicións entre homes e mulleres está a orde do día, así como a defensa da conciliación familiar e laboral, brindoume a oportunidade de seguir formándome e crecendo profesionalmente. Actualmente encóntrome desempeñando o posto de Coordinación de todo o equipo tutorial de Oposicións, con 8 persoas ó meu cargo e en continuo crecemento.


As miñas funcións son entrevistar e seleccionar persoal, formar novas incorporacións, supervisar e coordinar o equipo de traballo, convocar reunións e moderalas así como exercer de vínculo comunicacional con diferentes Departamentos, entre outras.

O meu obxetivo a curto prazo, unha vez conseguida a tan ansiada estabilidade laboral, é voltar ó rural, desde onde poida seguir exercendo e crecendo porfesionalmente.

Se me permiten un desexo…


Desexaría con total seguridade, a repoboación do rural. Soño con que as mulleres de xeracións vindeiras poidan ter oportunidades laborais, en igualdade de condicións, e sen necesidade de ter que marchar.

 

Scroll al inicio
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Más Información.   
Privacidad