Beatriz Gallart Bandín
A miña historia está composta de moitas pezas. Pezas de puzzle que van encaixando e conformando a miña vida. Foron diferentes formacións, traballos e lugares polos que pasei, acumulando amizades, experiencias, retos e aprendizaxes!
Cada unha delas foi necesaria para chegar a facer o que verdadeiramente me gusta, incluso a convertirse no meu traballo na actualidade.
Despois de adicarme varios anos a traballar na área de Recursos humanos en empresas privadas de España decidin dar un xiro personal e laboral, marchei a República Dominicana, e empecei a traballar no sector de ONG`D.
Dende hai 5 anos coordino a Delegación de Fundación InteRed, traballando man a man, con organizacións e mulleres feministas e referentes no país na identificación e deseño de propostas de traballo a nivel nacional, para que todas as personas poidan disfrutar dos seus dereitos básicos como a educación pero principalmente loitando pola defensa dos dereitos das mulleres dominicanas