Carla González
Ola, chámome Carla e teño 25 anos. Nacín en París, pero levo unha boa parte da miña vida vivindo en Galicia.
Estudei o grao de Educación Infantil na Universidade da Coruña e estou desexando dedicarme pronto á miña vocación. Fascínanme os nenos, creo que a satisfacción que me dá ver aos nenos e nenas acadar os seus obxectivos, mellorar, aprender cousas novas e a felicidad que teñen ao facer as cousas non ma pode proporcionar ningún outro traballo.
Quero seguir aprendendo e formándome porque considero que é algo moi importante na miña profesión.
Agora mesmo estou preparando as oposicións para xuño de 2021 á vez que traballo noutra rama diferente a miña de estudio.