Diana Gándara Simil
Comecei os meus estudos facendo un ciclo que daquela se denominaba Interprete de Lingua de Signos, e continuei ca Diplomatura en Logopedia.
Tiven a sorte de que nada máis terminar, ala polo 2009 comecei a traballar nunha asociación en Celeiro, despois estiven uns meses en Teo pero sempre quixen volver a “casa” e decidín no 2011 comezar a andadura montando un gabinete de logopedia en Cee que aínda que cambiamos de lugar físico sigue situándose en Cee.
Intento adaptar a nosa “profesión” o entorno no que vivimos e formarme continuamente para poder adaptarse os tempos e as innovacións ( fixen, a parte de formación complementaria ao largo dos anos a través de cursos formativos, dous Máster Universitarios e actualmente estou co Doctorado).
Intento ademais ala a onde vou e me leva a miña profesión levar a miña “casa” a costa da morte e intentar facer ver as peculiaridades que ten así como impulsar a investigación.