Elena Gallego Fernández

Info

Actividade: Enfermeira pediátrica
Sector: Sanitario. Atención Primaria
Concello: Cee

Contacto

Elena Gallego Fernández

Empresa / institución: Sergas
Cargo: Enfermeira

 

Son unha enfermeira nada en Ourense.

Hai 20 anos rematei un Master en Medicina Natural e un Posgrao en Nutrición na USC, que cambiarían a miña vida para sempre.

Dende o 2006 vivo en Estorde (Cee), e desenvolvo o meu labor profesional nunha consulta de Enfermeira Pediátrica, pero a medicina natural e todo o que a rodea, son un alicerce básico na miña vida. Vivir á beira do mar e nunha contorna tan rica en todos os aspectos (paisaxes, aire limpo, comida saudable, etc …) supón en calidade de vida e, polo tanto, «Saúde».

Ademais vivir aquí, tan en contacto coa natureza, foime concienciando cara a unha vida máis sostible, coa que síntome totalmente en sintonía. Podería dicir que a miña vida aquí é “Slowlife”.

Scroll al inicio
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Más Información.   
Privacidad