Eva Piñeiro Nunes
Nacín en A Coruña, cidade onde me criei e formei como Arquiteta Técnica. Comecei a exercer a profesión no ano 2000 nunha empresa inmobiliaria grande, onde tiven a oportunidade de ser a Responsable de Custos de Construcción cun volume de obra moi importante pola península ibérica, europa e norte de África.
No ano 2005 trasladéime a Barcelona para desenvolver a miña actividade como profesional liberal. Nos seguintes anos traballei coa Administración Pública, como Directora de Execución de Obra, Cost Manager e formando parte de equipas multidisciplinares con varios despachos de arquitetura de Barcelona.
No ano 2012 retorno a Galicia para estar máis perto da familia, e aparco o exercizo temporalmente para atender responsabilidades familiares e criar aos meus mellizos.
No ano 2015 retomo o exercizo profesional de novo, pero xa cunha aposta firme cunha visión sostible de todo o proceso constructivo. Abordo proxectos de diverso calibre, mais en xeral a pequena escala, de reforma e rehabilitación, con materiais e solucións constructivas naturais e cumplindo sempre os estándares normativos. Asino Certificaciones Enerxéticas, Habitabilidades, Proxectos de Rehabilitación e Pericias Xudiciais. Estou formada como mediadora, instaladora de térmicas e solar-térmica, seguridade e saúde, negociación, aínda que na miña profesión a actualización é obrigada e continua para o exercizo libre profesional.
De xeito transversal ao exercizo profesional, colaboro con diversos colectivos, asociacións e movementos sociais en prol do dereito habitacional dos colectivos máis vulnerábeis.