Fátima Garcia Antelo
Nacín, crieime e, teño a sorte, de poder continuar residindo en Baíñas (Vimianzo).
Cando rematei os estudos no IES Terra de Soneira, mudeime a Santiago de Compostela coa finalidade de poder cursar a carreira de Traballo Social… ¡Que gran acerto! Ao rematar, decidín vivir a experiencia de residir noutro país, con diferente cultura e idioma, e mudeime a Inglaterra, onde aprendín inglés e traballei nun establecemento de comida rápida. Ó meu regreso tiven a oportunidade de comezar a traballar nunha Institución como o é a Cruz Vermella, na sede de Terra de Soneira, e na que xa levo 7 anos exercendo a miña profesión e sendo coordinadora da mesma. Esta Organización permitiume desenvolver a miña actividade no ámbito da inclusión social e o emprego, persoas inmigrantes, infancia e xuventude, violencia de xénero e igualdade, persoas maiores, formación e voluntariado. Ademais, ofrecéume a posibilidade de seguir formándome, aprendendo e desenrolándome como profesional e como persoa.
Son traballadora social de profesión… Unha profesión, en ocasións, moi dura pero moito mais enriquecedora!! E, teño que admitir, que aínda que en ocasión valorei se elixira a carreira profesional correcta para min, hoxe mesmo, teño moi claro que tamén son traballadora social POR VOCACIÓN! O ámbito social apaixóname e non me imaxino traballando nalgo que non esté vinculado a isto.
Actualmente, comecei os estudos de Grado en Psicoloxía, no meu afán por seguir aprendendo e formándome.