Helena Sanmamede Maneiro
Miñas raíces están en parte en Porto do Son e en parte na Coruña cidade. Por avatares da vida, viñen morar a Bergantiños hai xa uns 6 ou 7 anos.
Teño case 20 anos de experiencia laboral e profesional na xestión de empresas. Pero nos últimos decidín apostar por compartir todo o coñecemento que levo comigo para poder facelo chegar a outras persoas e entidades nunha linguaxe comprensible e simplificando conceptos económicos e fiscais para facelos asimilables a todas as persoas sexa cal sexa súa formación e experiencia previas.
Son licenciada en Ciencias Empresariais pola Universidade da Coruña, cun posgrao en Xestión de Pemes e Cooperativas e ampla experiencia profesional no eido da administración de empresas, dirección financeira e asesoría fiscal.
En 2013 fundei o proxecto Étikas, adicado ao asesoramento, acompañamento e formación de persoas autónomas e entidades da economía social en temas fiscais e burocráticos.
Tamén son co-fundadora da entidade 50pés consultoras, que se adica ao asesoramento de proxectos económicos, integrando a xestión económica coa xestión de equipos de traballo.
En 2020 ademais incorporeime ao equipo técnico de REAS Galicia.
No ámbito do activismo, destacaría a miña militancia no eido do feminismo como colaboradora habitual da Revirada Revista Feminista, no eido da economía feminista coma socia-fundadora da Asociación de Estudos Laborais Feministas (ASELAFEM), así como no campo da economía social, no que son socia-fundadora de Zocamiñoca, S.Coop.Galega e fun socia activa de Fiare Banca Ética.