Inma Fraga López
Son emprendedora e directora do Centro Impulso, un centro de rehabilitación neurolóxica e desenvolvemento infantil situado en Cee, na Costa da Morte.
Ademais, colaboro en Amado Clínica Pediátrica como terapeuta ocupacional e coordinadora da Área Motora do centro La Ruta Azul. Especializada en tratamento e intervención do trastorno do espectro autista e dos trastornos da alimentación na infancia, apasióname o traballo con nenos con necesidades especiais e coas súas familias.
Sempre me interesou o papel da muller, de feito o meu traballo de fin de grado foi unha investigación e traballo de campo sobre o papel da muller no sector pesqueiro e en cómo as desigualdades de xénero afectan as ocupacións diarias destas lobas de mar.
Creo firmamente na inclusión, na transparencia, o compromiso diario e o traballo en equipo.