Inmaculada Díaz Varela
Empresa / institución: Farmacia PONDAL
Cargo: Emprendedora
Nacín en Avilés e con dezasete marchei a Santiago a estudar Farmacia.
Os laboratorios encantáronme dende o principio polo que, cando rematei a carreira, presenteime ó FIR para poder facer a especialidade de Análises Clínicas no CHUAC.
Alí descubrín a investigación, da que gocei durante dez anos ata o nacemento dos meu fillos, o que dificultou moito o continuar nese eido polo difícil que era a conciliación laboral familiar naquela época.
Daquela comencei a traballar nunha farmacia e hai tres anos decidín presentarme ó Concurso do Sergas para apertura de coarenta e unha farmacias en Galicia.
Eu optei polo praza de Ponteceso, onde levo un tempo disfrutando desta marabillosa vila e das paisaxes e xentes da Costa da Morte.