María Bella
Son investigadora, curadora e produtora cultural. Nada en Madrid, formeime entre esa cidade e Londres. Licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid. Master en Comisariado e Xestión Cultural e Doutora en Coñecemento Curatorial pola Goldsmiths University de Londres.
Desde 2015 vivo e desenvolvo a miña actividade desde Corcubión. Tento abordar a miña investigación e práctica en consonancia coa etapa vital na que me atopo descubrindo urxencias dende os contextos nos que me vou situando. Guíome polo compromiso de «estar no mundo» de maneira crítica pensando e facendo desde a arte, a cultura e o curatorial. Nas miñas aproximacións fun cuestionado o cubo branco, a dispositivo exposición, a institución e a autoría. Explorei o site- specific, o comunitario, participativo, colectivo, procesual e o sinautoral. Traballei dentro das institucións públicas e de maneira independente. A especificidade do meu contexto actual, rural e periférico, e con infraestruturas e políticas culturais pouco estables desafíanme a imaxinar como poñer en valor a arte e a cultura desde parámetros e problemáticas novas para min