María Jimenez Sánchez
De orixe andaluz despois de formarme en Madrid cheguei a Galicia onde desenvolvia a profesión de axente de desenvolvemento local en Camariñas. Tamén fun directora de Obradoiros de Emprego en diferentes concellos da provincia da Coruña.
Fundei con outras compañeiras e compañeiros a Asociación Finisterrá de Profesionais de Desenvolvemento Local de Galicia (Afiprodel) da que sigo a formar parte.
Comprometida coa loita pola igualdade e o empoderamento das mulleres na nosa sociedade, formeime como Axente de Igualdade e sigo formándome en feminismo como ferramenta indispensable para ser consciente, ter consciencia e actuar proactivamente neste intre histórico e biográfico que é a nosa vida, e tentar deixar un mundo máis xusto e igualitario e con máis posibilidade de desenvolver unha vida plena e feliz para todas e todos.