mara manuela pequeño leis

Info

Actividade: Intérprete e tradutora
Sector: Tradución e interpretación
Concello: Cee

Contacto

María Manuela Pequeño Leis

Empresa / institución: Emprendedora
Cargo: Intérprete e tradutora

 

Nacín en Cee en 1991. A miña paixón pola lectura, as linguas, as viaxes e as distintas culturas levoume a estudar o Grao de Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo no ano 2009. Compaxinei os meus estudos universitarios coa participación en obradoiros de creación literaria e cursos de idiomas, tanto en España coma no estranxeiro. No meu segundo ano concedéronme a bolsa Erasmus para estudar na Universidade de Glasgow (Escocia).

Cando finalicei os meus estudos en Vigo, decidín volver a Escocia, esta vez para cursar un máster en Interpretación de Conferencias na Universidade Heriot-Watt en Edimburgo.

Entre 2014 e 2019 vivín en Londres, onde comecei a adentrarme profesionalmente no mundo da interpretación e a tradución. Como intérprete, traballei en distintos ámbitos, tanto para axencias como para clientes individuais: interpretación de enlace en hospitais e centros de saúde; interpretación simultánea e consecutiva en congresos e eventos locais, nacionais e internacionais e interpretación a distancia (telefónica e en liña) para axencias de estudos de mercado.

Na actualidade resido en Madrid e, debido ás circunstancias derivadas da pandemia da Covid-19, dedícome principalmente á interpretación de conferencias a distancia a través de plataformas como Zoom, Interprefy, Interactio ou VoiceBoxer, entre outras.

Scroll al inicio
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Más Información.   
Privacidad