María Mira Reymúndez

Info

Actividade: Analista Financeira
Sector: Económico
Concello: Laxe

Contacto

María Mira Reymúndez

Empresa / institución: Estratexias de inversión
Cargo: Analista Financeira

 

Nacín e medrei en Baio (Zas), estudiei Economía na USC e dende nada máis rematar a licenciatura empecei a traballar coma Analista financeira nunha empresa de Santiago (Infomercados Servizos Financieros).

O meu xefe veciño de Cee e a miña xefa de Baio e todo o equipo teletraballando dende a casa, no ano 2.000, por tanto pioneiros tamén nesta forma de traballar que agora sí se está poñendo de moda. Unha empresa pequena nun mundo de grandes que soubo medrar facendo medrar aos seus empregados. Dende a propia empresa financiáronme os dous másteres que forman parte agora do meu CV., Máster en Mercados financeiros e Máster en Valoración de Empresas.

No 2011, coa crise económica nacional unha empresa máis grande e de fora de Galicia mercou Infomercados e vinme desempregada por primeira vez.

Decidín emprender e apostei por seguir viviendo en Laxe, en donde resido dende o ano 2010 aproximadamente. Aquí abrín unha academia de apoio extraescolar, Academia Concéntrate. Unha etapa moi satisfactoria e enriquecedora.

No 2018 e a raíz do meu anterior paso por Infomercados descubren o meu CV dende Madrid, unha empresa de comunicación, análise e información financeira, Estratexias de Inversión.

A proposta foi formar parte do equipo de Estratexias de Inversión, como autónoma (freelance) o que me permite teletraballar de novo, dende Laxe e no mundo das finanzas levando a cabo a análise de compañías cotizadas, carteiras de inversión, información macroeconómica,… e abarcando os principáis mercados internacionais. Aceptada a proposto, dende 2018 elaboro estas análises para empresas españolas, portuguesas, de diferentes mercados europeos, así como de compañías americanas e cotizadas en Wall Street.

Scroll al inicio
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Más Información.   
Privacidad