María Nieves Lema Vilariño

Info

Actividade: Técnica de cultura
Sector: Administración pública
Concello: Vimianzo

Contacto

María Nieves Lema Vilariño

Empresa / institución: Concello de Vimianzo
Cargo: Técnica de Cultura


Chámome Nieves Lema Vilariño, nacín e vivo en Carnés, bonita parroquia do Concello de Vimianzo, no corazón da Costa da Morte.


Cursei estudos de Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, logo buscando novas sensacións e camiños na miña vida estudei Animación Sociocultural, comecei a miña andaina profesional traballando como animadora sociocultural e na actualidade son a técnica de cultura da Concello de Vimianzo.


Outra parte fundamental da miña vida, arredor de 20 anos, foi a participación política no PSOE con cargos de representa orgánica da Costa Atlantica. Participei como concelleira electa na lexislatura 2007-2011 no Concello de Vimianzo e durante un tempo exercín de responsable da Concellaría de Benestar Social, Promoción da Igualdade, Cultura, Deporte, Xuventude e Ensino.


Dende moi xove participei no movemento asociativo vimiancés e aportei o meu gran de area para fortalecelo e crear un mapa de recursos no territorio para os/as que escollemos Vimianzo para vivir. Son a presidenta da Asociación Cultural O Castelo de Vimianzo que na actualidade desenvolve proxectos de dinamización rural na parroquia de Carnés.

Consciente de que a utopía está no horizonte, eu camiño para atopala!, precisamos ser moitas para promover a igualdade de oportunidades da muller no medio rural. É o momento de sumar sinerxias, deseñar un futuro millor para as vindeiras xeracións. Traballemos con actitudes que reforcen o vínculo de sororidade.

Scroll al inicio
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Más Información.   
Privacidad