Mariña Lema Gómez
Son Terapeuta Ocupacional dende o ano 2014 e teño o Máster de Formación do Profesorado dende o 2018. Comecei traballando de terapeuta ocupacional no campo da saúde mental en Monforte de Lemos. Seguín a miña traxectoria profesional tratando de achegarme un pouco máis á Costa da Morte (lugar no que nacín) e traballei 4 anos en Rois, nun centro de día para persoas maiores. Alí, ademáis de exercer como terapeuta ocupacional, tamén traballei de coordinadora durante dous anos. Actualmente, dende octubre do 2020, atópome traballando en Cee, nunha unidade terapéutica para persoas con Alzhéimer ou outras demencias neurodexenerativas. A maiores, neste ano 2021 comezarei nunha nova etapa como formadora profesional, dando diversos cursos homologados do sector sociosanitario.
No eido persoal son nai. Gústame loitar polos dereitos das mulleres, educar en feminismo e involucrar os meus principios de igualdadade en cada lugar polo que paso.