Natividad Boto Alonso

Info

Actividade: Informática Sanitaria/Terapias Alternativas
Sector: Informática Sanitaria
Concello: Fisterra

Contacto

Natividad Boto Alonso

Cargo: Especialista de producto

 

Nacín en Madrid, no verán do 76. Aínda que pasei case toda a miña vida alí, nos últimos anos a vida foime achegando a Galicia, onde rematei por asentarme nestas terras, preto de Fisterra. O cambio non foi fácil, con todo, agora mesmo non o cambiaría por nada… Poder estar permanentemente tan preto da Natureza, do mar, do bosque… éncheme de vida… e faime estar máis en contacto comigo mesma, cos meus ciclos…

Guiada por unha inquietude de coñecer máis o mundo das plantas en relación coa saúde, estudei Farmacia, aínda que, ao acabar, decanteime nese momento cara á especialidade de Análises Clínicas.

Apenas acabada a mesma, e motivada por outra das miñas paixóns, a informática, comecei a traballar na empresa na que levo xa 17 anos e na que continúo como “Especialista de Produto”, implementando e dando soporte de solucións informáticas para Hospital e Laboratorio Clínico.

Gozo moito do meu traballo, aínda que ao mesmo tempo, sempre tiven outras inquietudes, e desde fai uns 10 anos, fun formándome en diferentes áreas (Ioga, Terapias enerxéticas, Reiki, Chamanismo Transcultural, Acupuntura, e outras…) … A través delas, traballo a outros niveis, non só de corpo, senón tamén de alma, de espírito, comigo mesma e cos demais.

Actualmente dedícome a iso de modo vocacional, fóra do horario do meu traballo habitual, profundando en min mesma, formándome continuamente, e ofrecendo aos demais aquilo que necesiten e que estea na miña man dar en cada momento.

Ademais, gústame escribir, adoro a auga, en todas as súas formas… encántame nadar, (¡aínda que sexa nas frías augas de por aquí!) , e encántame camiñar por estes bosques.
Polo momento síntome ben coa miña vida, co que fago, e, sobre todo, moi agradecida a Galicia, á terra e a súa xente, polo acollemento que me está a dar…

Scroll al inicio
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Más Información.   
Privacidad