Nuria Touriñan

Info

Actividade: Diseñadora Gráfica
Sector: Moda
Concello: Muxía

Contacto

Nuria Touriñan Martínez

Empresa / institución: Inditex
Cargo: Diseñadora gráfica

 

Un simple lápiz pode marcar unha infancia. Foi o que pasou no meu caso, deixaba as bonecas a un lado para poder trazar o que vía ou me imaxinaba. Baixaba o bar dos meus pais e poñíame a retratar xente.

Cando estudei bacharelato artístico descubrín unha asignatura (deseño) que me abraiou. A parte de debuxar, podería crear produtos en 3D máis alá do papel.

Con moito medo, o vir de artes, comecei coa carreira de Enxeñería en deseño industrial e desenvolvemento do produto. Tras moitas noitas sen durmir, saquei a carreira ano por ano e conseguín unha beca na SEAT en Martorell (Barcelona). Foi unha experiencia única, pero eu notaba que me gustaba moito máis o mundo da moda. Decidín entón voltar a Galicia e formarme como deseñadora gráfica na especialidade de moda. Gracias a isto e máis a carreira que fixera empecei a adentrarme en grandes empresas galegas: Sociedade Textil Lonia, Bimba y Lola e actualmente Inditex.

Estou moi contenta de ter un perfil multidisciplinar e poder ter máis opcións no mundo laboral.

Para min o mellor máster que se pode facer é poñerse a traballar, a miña experiencia lévame a pensar isto porque aprendes máis rápido no mundo real e estás rodeado de grandes profesionáis que che ensinan cousas novas todos os días.

Son unha apasionada do meu traballo que busca retos novos cada día para seguir avanzando.

Scroll al inicio
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Más Información.   
Privacidad
Ir al contenido