Patricia Vaquero

Info

Actividade: Proxectos e formación con perspectiva de xénero
Sector: Igualdade de Oportunidades
Concello: Cee

Contacto

Patricia Vaquero González

Empresa / institución: Nos Igualdade
Cargo: Dirección

 

Nacín e vivo no concello de Cee. Son Socióloga e estou especializada en xénero. Levo toda a miña traxectoria profesional deseñando e desenvolvendo proxectos e programas para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Gran parte deles, dende a Administración pública local.

Conto con dous posgraos, un en Orientación laboral e outro en Coaching Executivo así como cun Experto Universitario en Intelixencia Emocional os cales oriento dende a perspectiva de xénero, na procura da empregabilidade, do empoderamento e liderazgo e no desenvolvemento persoal e profesional das mulleres.

Na actualidade, lidero o meu propio proxecto: Nós Igualdade, dende onde promovo, deseño e desenvolvo proxectos e formacións con perspectiva de xénero. Dende Nós Igualdade, acompañamos a persoas, empresas, administracións públicas e institucións comprometidas a conformar un mundo mais xusto e igualitario, en definitiva, un mundo mellor.

Scroll al inicio
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Más Información.   
Privacidad