Paula Cristino
Atopeime co deseño gráfico por casualidade, elixindo a carreira por non andar moi lonxe do campo profesional no que me encontraba máis cómoda. E que ben encontrarme con él.
Ao acabar a miña formación de deseño gráfico na EASD Pablo Picasso decidín ampliar a miña formación na Escola Superior Marcelo Macías, orientada ao deseño gráfico publicitario e creación visual. Traballei en varias axencias de marketing na área de Coruña pero pronto comprobei que non era o meu camiño.
Emprendín un proxecto colaborativo chamado Levedar, un estudio de comunicación e deseño gráfico onde profesionais novos que tiñamos o mesmo concepto sobre o traballo de calidade colaboramos e cooperamos para conseguir resultados diferenciadores, implicándonos en cada un dos proxectos de forma integral. O noso método de traballo fórmase na idea de que tanto o desenvolvemento como o resultado final deben ser colaborativos, emocionantes e visualmente impactantes. Se non nos involucrásemos ao 100%, non sería noso.