Info
Actividade: Xestora de Villa Regina
Sector: Ocio e tempo libre "Nacín e vivo en contacto coa terra de tódalas formas posibles. Tiven a miña pequena granxa de vacas leiteiras ata a crise do 2015, ano no que empecei a explorar outros traballos fóra do rural. Eu, que sempre estiven traballando ao aire libre, sentíame atrapada. Sentía que tiña que explorar o meu propio camiño. Polo que dende o 2020 estou construíndo o proxecto de Villa Regina, en Santa Comba, para pór en valor a cultura de aldea: ese saber e sentir da xente da aldea que se está a perder e que constitúe unha forma de vida sostible co entorno e coas persoas que habitamos nel "
Concello: Carballo
Regina Muñiz Gerpe
Empresa / institución: Villa Regina
Cargo: Monitora tempo libre e Xestión de Villa Regina
Nacín e vivo en contacto coa terra de tódalas formas posibles. Tiven a miña pequena granxa de vacas leiteiras ata a crise do 2015, ano no que empecei a explorar outros traballos fóra do rural. Eu, que sempre estiven traballando ao aire libre, sentíame atrapada. Sentía que tiña que explorar o meu propio camiño.
Polo que dende o 2020 estou construíndo o proxecto de Villa Regina, en Santa Comba, para pór en valor a cultura de aldea: ese saber e sentir da xente da aldea que se está a perder e que constitúe unha forma de vida sostible co entorno e coas persoas que habitamos nel.
Gústame a escritura teño publicado un libro de poesía «Mil bicos que non che dei».