Sara Pratchett

Info

Actividade: Profesora de Inglés
Sector: Educación
Concello: Carballo

Contacto

Sara Pratchett

Empresa / institución: English whith Sara
Cargo: Emprendedora

 

Son profesora nativa de inglés e levo máis dunha década de experiencia no ensino da lingua inglesa a nenos e nenas de educación infantil e primaria en escolas infantís, escolas publicas, en actividades extraescolares, en anpas e na miña propia academia.
Os coñecementos adquiridos e a necesidade de desenvolver diferentes recursos pedagóxicos para a aprendizaxe do inglés derivou no interese pola formación e adquisición de novos coñecementos para desenvolver outros aspectos educativos como as actividades sensoriais e movemento en idades temperás.
A necesidade de buscar recursos novos precisaba dunha etapa de documentación e estudo de diferentes métodos pedagóxicos para acadar os axeitados .
A feliz maternidade e a situación excepcional provocada polo covid levoume a tomar a decisión de desenvolver coa miña filla un proxecto de Homeschooling, no que puiden experimentar e perfeccionar os contidos aprendidos anteriormente e poder compartilos con todos vos en @littlechof_homeschool.
Toda esta experiencia, estudo e documentación levoume a dar un novo paso na miña carreira profesional para deseñar e impartir novos talleres que mesturan o coñecemento dunha nova lingua como o desenvolvemento doutros aspectos tan importantes como cognitivo,motriz, sensorial..

Scroll al inicio
Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Más Información.   
Privacidad