Verónica Ramilo Graña
Nacín nunha aldea de Arteixo e con un ano e medio a miña familia trasladouse a vivir á cidade da Coruña, polo que crieime nesa cidade.
Despois de estudar a Diplomatura de Traballo Social en Compostela marchei un ano a traballar a Irlanda. Posteriormente marchei a Cataluña para estudar Antropoloxía, e aínda que non rematei os estudos, interésanme os temas culturais. Vivín en Cataluña 18 anos traballando coma traballadora social sobre todo no ámbito das persoas con diversidade funcional, persoas maiores e en servicios de apoio e asesoramento a persoas coidadoras. E no ámbito da educación sexual.
Nos dous últimos anos traballei no ámbito da economía social nunha cooperativa de acompañamento a proxectos de vivenda cooperativa, formándome ao mesmo tempo en facilitación de grupos.
Despois de moitos anos vivindo en Cataluña, decidín voltar a Galiza para estar máis perto da familia. Instaleime en Xullo do ano pasado nunha aldea de A Laracha, na casa familiar, onde estou a preparar un pequeno laboratorio fotográfico para poder desenvolver proxectos fotográficos e creativos. Aínda que fixen moitas formacións fotográficas en diferentes escolas de Barcelona, decidín facer o ciclo superior de Fotografía e actualmente estou cursando este ciclo na escola de arte Pablo Picasso da Coruña.
Actualmente estou traballando para un proxecto ubicado en Cataluña, facendo apoio administrativo e de deseño, co que levo colaborando uns anos, coma sexóloga: https://celebremlasexualitat.wordpress.com/
Actualmente non teño páxina web porque estamos refacendo a web que acabo de poñer para poder ter un apartado en galego para ofrecer os servizos en Galiza.
Ademáis son muller diagnosticada de endometriose e son socia da asociación galega «querEndo».