Lorena Martínez Canosa
Empresa / institución: Emprendedora
Son Licenciada en Socioloxía pola Universidade da Coruña. Logo de rematar os meus estudos decidín realizar o máster en medios de comunicación en La Voz de Galicia.
Dende aquela a miña vida profesional xira ao redor da comunciación. Traballei en medios de comuncación, gabinetes de prensa,… Dende o ano 2013 son autónoma e adícome á xestión de diferentes perfís de empresa onde fago unha comunicación 360º que vai dende a redacción de notas de prensa, contacto cos medios de comunicación ata a actualización de páxinas web e xestión das redes sociais.